A Senda Azul de Cabo Udra é unha ruta que discorre pola costa oeste do municipio de Bueu, no lugar de Cabo Udra e sinala o principio da ría de Pontevedra nunha sucesión de pequenas enseadas entre puntos rochosos. Desde o cume do cabo, a 91 metros de altitude, e desde o alto de Carafixo, a 129 metros, as panorámicas son sorprendentes, con vistas á ría de Pontevedra e á illa de Tambo.
Esta senda prolóngase ao longo de 4 quilómetros, nos que se pode pasear por areais, acantilados e monte baixo, proporcionando unhas vistas panorámicas privilexiadas. A biodiversidade de este espacio natural está amparada por diversas figuras de protección entre as que destaca a europea Rede Natura 2000, destaca ademais, o seu interese ornitolóxico.