Reloxo de Guitián

Equipo de predición meteorolóxica construído no ano 1907 en Cangas, na parte máis próxima da Alameda á rúa Real, e dende un principio consulta obrigada para os mariñeiros antes de saír ao mar.

O Tenente de Navío da Armada Don Álvaro Guitián conseguiu sacar adiante o proxecto por subscrición popular e así proporcionar os aparellos máis elementais para poder predicir o tempo no mar.

O motivo que impulsou a construción desta estación meteorolóxica foi o feito de que os mariñeiros, cando saían faenar, non tiñan maneira de predicir o tempo.

No ano 1990, reconstrúese e sitúase onde está actualmente, xusto no lado oposto onde estaba orixinariamente.

Dotado de catro esferas, catavento e catro aparellos meteorolóxicos: termómetro, higrómetro, outro que mide a velocidade do vento e  outro que nos di o estado do tempo (seco, chuvioso,…)

Perdeu importancia debido aos grandes avances, pero segue sendo lugar de referencia e un punto de encontro para os veciños de Cangas.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.