Praia de Portomaior

Este areal combina atractivo natural cunha ampla oferta de servizos. Dispón dunha zona destinada ao aparcamento de vehículos. Tamén hai equipos de limpeza persoal, como duchas e aseos a disposición dos bañistas.

Para a seguridade dos visitantes, na tempada de verán existe un equipo de salvamento e socorrismo. Ademais, hai establecementos de comida e bebida.

Atópase moi preto da praia de Agrelo, separadas por un penedo cuberto denominado Cabezón da Ría.

Localización

Parroquia: Cela (Santa María)

Lugar: Castrelo

36938  Bueu – Pontevedra

 Coordenadas:

42º 20′ 04.2″ N – 8º 46′ 06.1″ W

Características

Bandeira azul

Lonxitude (metros): 750

Tipo: Praia aberta

Tipo de area: Fina

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.