A praia de Melide localízase a uns 4 ou 5 quilómetros do municipio de Cangas (Donón), no que se coñece como Cabo Home, moi preto e enfronte das illas Cíes. As súas augas azuis e area branca e fina fai que no verán sexa unha das praias máis concorridas, pero malia iso, é bastante tranquila polo difícil acceso á zona.
Outro dos atractivos de chegar ata esta praia é a paisaxe que ofrece, que se atopa nunha zona denominada Costa da Vela, cuns cantís dignos de admirar, faros e zonas de piñeirais.
Localización
Parroquia: O Hío (Santo André)
36945 Cangas – Pontevedra
Coordenadas:
42º 15′ 06.6″ N – 8º 51′ 59.1″ W
Características
Bandeira azul
Lonxitude: 250 metros
Tipo: Praia aberta
Tipo de area: Fina