Praia semiurbana de area dourada e fina. Abrigada dos ventos e con augas tranquilas. Trátase dunha praia na zona portuaria con atractivas vistas sobre a ría. Beluso é a praia ideal para aqueles que buscan un lugar onde desfrutar nun ambiente mariñeiro, con embarcacións tradicionais e casas mariñeiras enmarcando a área de baño.
Localización
Parroquia: Beluso (Santa María)
Lugar: A praia de Beluso
36939 Bueu – Pontevedra
Coordenadas:
42º 19′ 55.9″ N – 8º 48′ 00.3″ W
Características
Lonxitude: 500 metros
Tipo: Praia resgardada
Tipo de area: Fina