A praia nudista de Barra é considerada por moitos a mellor praia naturista de Galicia e unha das mellores da península Ibérica. Está situada fronte da cidade de Vigo, á saída da ría de Vigo, pero protexida do vento do norte pola península do Morrazo. Pertence ao Espazo Natural da Costa da Vela, Rede Natura 2000. Desde a praia de Barra divísanse as illas Cíes.
É unha praia nudista e moi familiar. Está rodeada de piñeirais. Accédese andando uns 200 metros por varios camiños.
Localidade:
Cangas do Morrazo
Lonxitude: 750 metros
Anchura media: 30 metros
Grao de ocupación: Alto
Tipo de area: Branca
Condicións de baño: Ondada moderada e ventosa