Praia de Agrelo

Esta praia de Bueu conta cun atractivo natural marcado por dunas e singulares rocas que a separan de Portomaior, outros dos areais recomendados do concello.

Durante o verán, Agrelo conta cun nivel de ocupación alto debido á súa ondada moderada, area dourada e unha ampla oferta de servizos, o que a converte nunha boa opción para as familias. Está moi ben equipada con aparcamento, aseos, duchas, quioscos, establecemento de comida e bebida e aluguer de náuticos. Está a tan só dous quilómetros do Porto deportivo de Bueu.

Localización

Bueu- Pontevedra

Coordenadas:

42º 19′ 55.9″ N – 8º 46′ 16.9″ W

Características

Lonxitude: 1.500 metros

Tipo: Praia aberta

Tipo de area: Fina

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.