Praia urbana cun amplo parque de recreo moi ben conservado, e abundante céspede. Atópase no núcleo urbano de Moaña a escasos metros da estrada xeral e dispón dun amplo aparcadoiro. Coa marea baixa é ideal para o paseo. Ademais de parque infantil e paseo, conta incluso cunha pista de atletismo.