A pequena praia da Borna está situada na parroquia de Meira, no barrio do Latón. O areal atópase moi cerca dos límites municipais entre as parroquias moañesas de Domaio e Meira. É unha das praias da ría de Vigo que normalmente obtén a catalogación de Bandeira Azul.
Localízase entre Punta Moa e Punta Arroás, moi preto dunha zona industrial. Ten unha lonxitude de case 300 metros aínda que o areal ocupa a metade xa que as rochas sobresaen ocupando gran parte da praia. Debido ao seu carácter recollido, o areal é utilizado como fondeadeiro de pequenas embarcacións. Nunha das súas esquinas tolérase o nudismo.