A Poza da Moura é unha pequena poza natural de augas procedentes do río Muíños que forman unha freixa na súa zona más vertical, onde se pode gozar dunhas espectaculares vistas da ría de Vigo. É un lugar máxico rodeado dunha misteriosa lenda:
Conta a historia que en Domaio vivía un príncipe mouro e a súa fermosa filla, foron vivir ao monte, onde o príncipe mantivo presa á moza para que ninguén a vise. Co paso do tempo un pastor chegou a coñecela e namoraron. O pai, ao saber da relación, marchou ao monte posuído pola ira e deu morte ao mozo e a todo o seu gando. Cando as novas do horrible suceso chegaron a oídos da princesa esta fuxiu ao río e alí mesmo, desesperada, decidiu afogarse na poza.
Non se sabe se chegou a afogarse, sábese que se mergullou e desapareceu… Atención!!! Din que se acodes á poza na noite de San Xoán é posible escoitar os seus laios e mesmo vela no intre en que sae a peitear os seus longos cabelos loiros cun peite de ouro.n ocasións, escóitanse os seus laios.
Coordenadas: 42.298246, -8.683394