Xunto ás Puntas do Crego e do Niño do Corvo atópase unha recollida e fermosa cala de Moaña. O seu acceso é só peonil e a ela chégase desde a praia da Videira, mediante unha pasarela de madeira á que se accede polo vello embarcadoiro. Tamén existe unha pista que nos conducirá desde a estrada xeral desde o barrio de Vilela. O areal alcanza os 100 metros de lonxitude.