Viñó, tradicionalmente praia de Area Meán, é a segunda praia da enseada de Nerga, separada de Barra por pequenas rochas. Situada nunha zona protexida da rede Natura 2000. Se trat dunha praia sen humoLa Enseada de Barra está formada por 2 km de areais que se separan por pequenas formacións rochosas. A máis occidental é a praia de Barra, que está separada por Punta Promontorio de Viñó, que tamén se coñece como de Areameán.
Ao leste está a cala da Nova e despois a gran praia de Nerga. A praia conta con trescentos metros de lonxitude e o seu acceso débese realizar a pé, xa que está separada da estrada por o mesmo sistema dunar de Barra e Nerga.
Esta praia está integrada no mesmo espazo natural de Cabo Home e Monte do Facho e pertence á Rede Natura 2000. A próxima praia de Melide tamén se atopa neste espazo natural.
Localización
Parroquia: O Hío (Santo André)
Lugar: Nerga
36945 Cangas – Pontevedra
Coordenadas:
42º 15′ 36.5″ N – 8º 50′ 38.4″ W
Características
Lonxitude: 300 metros
Tipo: Praia resgardada
Tipo de area: Fina