A praia de Tuia (tamén coñecida como Tulla) é unha praia de gran extensión, en forma de media cuncha, de area branca e grosa que se atopa no concello de Bueu, moi preto de Cabo Udra e bañada por augas da ría de Pontevedra.
Tuia atópase inmersa nunha contorna forestal e rural, rodeada de bosques e campos de millo, os cales proporcionan un aspecto salvaxe e solitario. Ten asociadas dúas pequenas praias, cada unha nun extremo: á dereita, unha pequena praia nudista separada só en pleamar da praia de Tuia por unhas pequenas rocas; á esquerda, a praia de Cornide, escondida, repleta de cunchas e rocas. A praia de Tuia presenta grandes desniveis nalgúns tramos, con impoñentes dunas de area.
Trátase dunha praia ventosa, con ondada moderada.
Localización
Parroquia: Beluso (Santa María)
Lugar: Sar
36939 Bueu – Pontevedra
Coordenadas:
42º 20′ 15.5″ N – 8º 48′ 50.6″ W
Características
Lonxitude: 1.000 metros
Tipo: Praia aberta
Tipo de area: Fina