Os petróglifos de Abelaires, ou Abelairas, en Bueu, son un dos mellores exemplos de representacións rupestres da comarca do Morrazo. Localízanse ó límite do concello de Bueu e Cangas, de feito, é probable que serviran anteriormente como marca para a división municipal. Os petróglifos teñen unha antigüedade de entre 3000 e 4500 anos.
Representan debuxos xeométricos como círculos, cazoletas, así coma algunha representación abstracta.