A Xesteira é un petróglifo ubicado nunha parte case plana dun afloramento granítico. O gravado representa un cérvido/ovicáprido cunha gran cornamenta. Aproveitáronse as formas naturais das rochas para maior realce.
Polo gran número de figuras que se atoparon, estímase que foron realizados en diferentes periodos temporais. Próxima ao conxunto de petroglifos atópase unha gran rocha que ten un burato no centro, a cal da nome ao lugar.