Petróglifos da Borna

Conxunto de gravados rupestres da Idade de Bronce situados na parroquia de Meira, en Moaña. Está conformado por un grupo de laxes distribuídas en dous paneis contiguos. O primeiro (máis alto e cara ao oeste), inclúe case 50 motivos
orientados do mesmo xeito en forma de cruz ou antropomorfos. O segundo (cara ao leste), contén cruces e deseños en forma de U invertido. No interior dalgúns destes motivos hai cruces e nun deles unha pequena cunca. Isto foi interpretado polos expertos coma a representación dunha posible embarcación.

As interpretacións que se fixeron destes petróglifos pasan pola representación dun desembarco. Outros expertos opinan que se trata dunha representación bélica acaecida en los primeros siglos do cristianismo. A tradición, máis imaxinativa, coñece o lugar como Pegada de San Pedro, vendo nos gravados as pegadas dos cascos do cabalo do santo cando colleu impulso para cruzar a ría de Vigo dun chimpo escapando do demo.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.