Petróglifo dos Mogüelos

Conxunto formado por dous petróglifos, situados no lugar dos Mogüelos, na parroquia canguesa do Hío. Dos dous gravados, o máis destacado é un afloramento que presenta na súa vertical dúas figuras coñecidas na literatura arqueolóxica como escultiformes. A escasos metros, nun afloramento horizontal, pode observarse o que puidera ser unha representacion dun piñal e varias coviñas. Este petróglifo dátase na Idade de Bronce.

Fotografía: La Séptima2
Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.