Petróglifo do Guerreiro

O petróglifo do Guerreiro do río Loureiro, situado no lugar de Erbello, na parroquia canguesa de Aldán, consta de varios gravados, entre os que destaca a figura dun guerreiro de perfil coroado con casco de cornos e brandindo unha espada en alto e un escudo redondo, cuberto cunha túnica. Ao seu carón aparece a representación dunha cabana de planta circular, cuberta cónica e porta cadrada. O conxunto data do período do Bronce III ou Final (1200-600 a.C). Trátase dun monumento histórico accesible a pé a través dun sendeiro forestal.

Neste penedo rochoso granítico podemos ver varios gravados. O resto dos gravados son de difícil lectura. Existen tamén varias cazoletas.

Os trazos dos gravados son en “U” e presentan un gran desgaste debido á erosión, o que acredita a súa antigüidade.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.