Petróglifo do castro dos Remedios

O petróglifo do castro dos Remedios atópase ao carón da porta principal de acceso á ermida dos Remedios, na croa do Castro do mesmo nome. O gravado, cunhas dimensións de 90X80 centímetros, representa unha serpe e cazoletas. Dentro da arte rupestre galega non abundan este tipo de motivos. O gravado aparece sobre unha pedra granítica.

O significado deste petróglifo é complexo e cargado de simbolismo relacionado coa caza, a virilidade, a fecundidade, os astros, etc.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.