O pazo do Rosal é unha interesante mostra da arquitectura civil que data da segunda metade do século XVIII, con engadidos na primeira do XIX. O pazo está constituído polo edificio principal, o pombal circular, o hórreo de sete vans e a capela que gardaba os restos mortais do contraalmirante Castro Méndez Núñez. Estes descansan hoxe no Panteón de Mariños Ilustres da Academia Militar de San Fernando en Cádiz.