Pazo de Santa Cruz

Tamén coñecido como Pazo de Quitapesares, o pazo de Santa Cruz está situado no lugar de A Carrasqueira, en Bueu. Foi construído no ano 1659 por Fernando da Rúa Freire, abade de Bueu e comisario do Santo Oficio, que tamén era o señor dos pazos de Castrelo e de Ouril. O pazo de Santa Cruz atópase en moi bo estado de conservación e conta con tres escudos, unha torre almeada, un hórreo e, antigamente, un pombal. O pazo inclúe un terreo de 66.000 metros cadrados.

No ano 1671, foi construída nesta propiedade unha capela de estilo gótico tardío dedicada a Santa Efixenia, aínda que no seu altar maior non hai ningunha imaxe súa, senón unha cruz de ébano e marfil que dá nome ao pazo. No ano 2008 instalouse un gran invernadoiro que se emprega coma salón de vodas e banquetes.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.