Os mouros do Castro Liboreiro

No alto do monte Liboreiro, en Bueu, vivían nun tempo pasado os mouros, sempre metidos en liortas, malia que como din as anciás e os anciáns, “nunca lle fixeron mal a ninguén”. Dise que facían traballos de minería no monte e que aínda existen dúas covas: unha que agocha incribles tesouros e outra que é mortal xa que, no caso de abrila por error, fai que explote o volcán. Isto débese a que existen diferentes referencias a este monte como se dun volcán se tratase.

Truco: dámosche o segredo para que poidas atopar estas covas e levar o tesouro. Proba con este conxuro:

“Liboreiro, liboreu, todo canto ouro agachas é meu”

Coordenadas: 42.298660, -8.788836

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.