O Morrazo é un paraíso que descansa entre as rías de Vigo e Pontevedra. Unha fermosa lingua atlántica en plenas rías Baixas cunha costa salvaxe e infinitas praias que a fan única no mundo. O Morrazo é un destino turístico atractivo e moderno en calquera época do ano. Un lugar de obrigada visita que imos debullar polo miúdo para que se coñezan e recoñezan os seus innumerabeis encantos e atractivos.
Turismo do Morrazo é un proxecto que naceu para poñer en valor toda a riqueza natural, histórica e patrimonial dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña. Unha iniciativa para realzar e dar a coñecer as manifestacións culturais, artísticas, de lecer, así como a rica e variada gastronomía dos tres municipios.
Turismo do Morrazo é unha guía integral para que o visitante teña á man todo o que necesita saber do Morrazo. Para que sinta que esta tamén é a súa casa. Unha ferramenta con toda a información de valor para facer da súa estadía no Morrazo unha experiencia única e, ogallá, repetible.