Museo das Carreiras

O Museo das Carreiras é, en realidade, un parque etnográfico representado ao aire libre. Explica e mostra o labor artesanal da que no seu día foi unha industria artesanal de elaboración de fíos, cabos e cordas empregados para fabricar ou reparar as artes e aparellos de pesca que son de vital importancia para a xente do mar.

Situado ao carón do Areal de Meira, este parque etnográfico é unha merecida homenaxe á industria derivada do mar e, especialmente, ás mulleres dedicadas a estes traballos. Este museo expón todo tipo de antiguas máquinas e enseres que servían, desde finais do século XIX até mediados do XX, para fabricar fíos e cordas.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.