Monte do Facho

O monte do Facho está situado a 160 metros de sobre o nivel do mar en Donón, na parroquia canguesa do Hío. Debido ao seu emprazamento estratéxico, estivo habitado dende tempos remotos. A palabra galega “facho” tradúcese en castelán como “antorcha”. O termo “donón” era unha palabra de posible orixe celta que significaba “recinto de pedra”.

Percorrendo o monte do Facho polo ‘Camiño dos Lameiros’, coñecido pola subida ao Santuario galaico-romano que se atopa na cima, pódese desfrutar dunha paraxe natural. No camiño, estaremos sempre acompañados pola pegada que deixaron as antigas civilizacións na zona (petróglifos, pequena aldea, castros…) Dende o punto máis alto, pódense ollar as illas Cíes, a ría de Pontevedra coas illas Ons, toda a Costa da Vela, Cabo Silleiro, en Baiona, Fisterra e a inmensidade do Océano Atlántico.

Calzada

O súa privilexiada situación fixo que fora emprazamento de antigos poboados e templos sagrados. Aos pés do promontorio pode verse una calzada de pedra centenaria. Por ela, ascéndese até o alto. Na calzada apréciase a rodaxe das carruaxes sobre as súas pedras.

Na parte alta, atópanse as escavacións do poboado castrexo, coñecido como Beróbriga. Pódense apreciar case cincuenta vivendas circulares. Algunhas teñen medidas pouco usuais de entre cinco y sete metros de diámetro. Tamén se pode ver unha infinidade de pedras derramadas por toda a ladeira. Trátase de restos das vivendas e murallas que rodeaban o recinto.

Os historiadores contan que incluso antes do poboado castrexo, no lugar situábase un moito máis antigo, quizais do século X ao VII a.C. habitado polos pobos das comarcas chamados Helleni, cuxa extensión era moi grande. Deste poboado non quedan case vestixios. Posteriormente, foi habitado polos pobos castrexos aproximadamente desde o s. IV ao I a.C.

No século II a.C. virían os conquistadores romanos, que non conseguirian que a poboación deixara de adorar aos seus deuses nin perder as súas crenzas que perdurarían durante case catro séculos despois. Un dos deuses locais era o chamado Bero Breus, quen dá nome ao castro de monte do Facho. O abandono do castro produciuse sobre o século I a.C. debido á marcha dos seus poboadores a outros emprazamentos mellores para a caza e a pesca.

Santuario

Asociado a esta divindade de Bero Breus xurdiu neste lugar, sobre o século III, o que foi un dos templos de peregrinación relixiosos máis antigos coñecidos da península. Era unha construción semellante só a outras repartidas por zonas atlánticas e con influencias celtas. Así dan testemuño as 174 aras atopadas dedicadas ao deus Bero Breus, que até o momento da escavación era descoñecido. As aras eran ofrecidas ao deus polos peregrinos e eran subidas polo penitente até o alto do cumio.

Unha vez alí era posta diante do gran océano. Foi tal a cantidade de aras que foi necesario incluso un recheo da parte máis alta. O obxectivo deste esforzo era pedir pola saúde, así como dan testemuño as inscricións das aras. Todas rezaban o seguinte texto en latín: “Deus lari Berobreo aram posuit pro salute” (Deus construíu o altar de Berobreo para a salvación).

O seu elevado número fixo que as aras foran altas e estreitas. A existencia do tempo é testemuñada polos achados dunhas columnas. Pero, sobre todo, sabemos das súas existencia por ese “bosque de aras” descuberto. A maioría destas aras poden verse na actualidade no Museo Arqueolóxico de Vigo, en Castrelos. A influencia do templo chega a case todo o Noroeste peninsular.

Este centro espiritual foi descuberto polos arqueólogos José Suárez e Thomas Schattner.

Garita

No máis alto do cumio existe unha garita de vixilancia circular de muros e bóveda de pedras. Aínda que o seu aspecto actual é do século XVIII, as súas bases forman parte dun antigo faro medieval. Este faro formaba parte do sistema de aviso defensivo costeiro. Nel facíase unha fogueira de palla mollada (facho) para que soltara unha gran nube de fume. Deste xeito, podía ser divisado desde moitos puntos da costa galaica.

O Monte do Facho é, pois, un impresionante conxunto histórico datado con certa seguridade, desde o século X a.C. e que perdurou até o século IV d.C. Uns 1.400 anos de asentamentos, tanto civís como relixiosos. A área de monte Facho e Cabo Home están catalogados como Espazo Protexido dentro do espazo Red Natura 2000.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.