Miradoiro do Monte Paralaia

O miradoiro da Cruz do Xestoso, no Monte Paralaia, é un lugar compartido polos concellos de Moaña e Bueu. Está situado a uns 800 metros de altura. Trátase dun miradoiro espectacular no alto do monte Paralaia. Desde aquí pode divisarse todo o val de Moaña e a ría de Vigo na súa plenitude, coas illas Cíes e Vigo.

Unha enorme cruz de madeira situada nas rocas, a Cruz do Xestoso, e un banco, marcan o cumio deste lugar. Ao miradoiro chégase por un paseo desde a Área Recreativa do Leñador, en Moaña, tamén chamada Monte Aberto. Despois dunha andaina tranquila de media hora, o visitante aproxímase pola parte traseira da gran cruz.

Este lugar está repleto de historias fantásticas e lendas de mouras, princesas, tesouros agochados e incluso pasadizos subterráneos que, contan, chegaban ao mar.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.