O miradoiro da Punta da Mona atópase situado no concello de Moaña e ofrece unhas espectaculares vistas da ría de Vigo. Este lugar forma parte, ademais, da ruta literaria sobre o libro ‘O último barco‘ de Domingo Villar.
Até o miradoiro hai habilitada unha pasarela de madeira que vai ata a igrexa de San Xoán de Tirán. O lugar atópase sobre a praia Punta da Mona ou a praia de Tirán.