O miradoiro da Cruz de Hermelo atópase nun entorno montañoso e rural, e é o punto de inicio do sendeiro de 12 quilómetros que percorre os montes de Ermelo e da Paralaia. No alto do miradoiro da Esculca, tamén chamado Ermelo, atópase a Cruz de Santiago, de máis de sete metros de altura. Esta cruz foi construída no ano 1950 e colocada en 1954. Nun principio foi pensada para albergar un faro.