As Illas Ons son un arquipélago nas rías baixas formado pola illas de Ons e Onza ou Onceta e outros illotes, como o das Freitosas, o Centulo e a Laxe do Crego. O arquipélago das Ons, ao igual que demais illas atlánticas galegas, son unha barreira natural das rías. As Ons pechan a boca da ría de Pontevedra.
A illa de Ons é alongada e cun releve pouco marcado. A súa costa exterior é acentuada e ten múltiples furnas, escollos e paredes verticais no fondo mariño. A costa interior está resgardada e presenta praias e areeiros nos fondos.
Namentres que as demais illas do parque natural deixaron de estar habitadas na década de 1970, Ons segue habitada. Acadou o seu máximo de ocupación na década de 1960 con case 500 persoas. A súa poboación reside en vivendas rurais na costa do leste.
Xacementos arqueolóxicos
Os primeiros xacementos arqueolóxicos das illas están no Chan de Pólvora e no Cano de Ons onde hai gravados rupestres que poderían datar do Neolítico á Idade de Bronce. Na illa de Ons atópanse dous castros: o Castelo dos Mouros e a Cova da Loba. As illas aparecen mencíonadas por primeira en vez nun escrito de Afonso III en 899, cando as chama illas ‘Aones’.
O litoral das Ons, con múltiples espazos protexidos da marusía, e a riqueza de nutrientes das augas favorecen un ecosistemas mariño cunha alta riqueza biolóxica.
As Ons, desde o ano 2001 están protexidas por diferentes lexislacións. Forman parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia e están dentro do ZEC Complexo Ons- O Grove. Ademais, constitúen o espazo de protección de aves ZEPA Illas de Ons e Onza e están dentro do OSPAR das Illas Atlánticas de Galicia. Son tamén un proxecto de protección de aves dentro do SEO/BirdLife.