San Xoán de Tirán é unha pequena igrexa románica tardía de transición ao gótico do século XIII. A igrexa conserva unha boa parte da súa primitiva fábrica románica, con algúns engadidos posteriores. Está situada enriba da Areal, co mar lambendo as pedras do seu adro. Un lugar de gran beleza con vistas á ría de Vigo.
Ten o cemiterio adosado á mesma e no seu atrio está enterrado o xornalista e escritor Xosé María Castroviejo.