Faro de Punta Robaleira

Faro vermello situado na Costa da Vela, en Cangas. A construcción caracterízase pola súa escasa altura, que contrasta coa súa anchura. Está situado entre Cabo Home e Punta Subrido. Trátase dun excelente miradoiro das illas Cíes.

É o segundo dos faros que se atopa no extremo de Cabo Home, moito máis achatado que o anterior. Consta dunha torre cilíndrica en pedra, cunha pequena terraza con vistas á ría. A súa cor vermella faino facilmente identificable.

Punta Robaleira é de propiedade pública e data do ano 1918. Pode accederse a el sen ningunha dificultade a pé, por calquera das sendas que discorren por Cabo Home, estando a pouca distancia do faro de Cabo Home. A súa luz emite a un alcance de 12 km.

Xunto a este faro destaca unha cruz dunha pedra en recuerdo a un mariñeiro chamado Pepe Ruíz, que hai algúns anos, debido a unha avaría no motor da súa embarcación, foi arrastrado polas correntes cara ás pedras, sen que ninguén puidera axudarlle a salvar a súa vida.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.