O faro de Punta Cousa atópase situado na Punta de Couso, en Cangas. Trátase dunha edificación en forma cónica, con 5 metros de altura e terraza sobre a que se monta o farol ao final dun poste curto. A torre está pintada de branco cunha franxa verde baixo a galería. Ten un alcance de 10 millas náuticas e marca a entrada á ría de Pontevedra.
Punta Couso emite grupos de escintileos brancos e verdes en sectores cada 10 segundos, con alcance de entre 10 e 8 millas, segundo a cor da luz. Ancorado nas escarpadas pedras graníticas da punta, non é un faro de primeira orde, pero a súa contorna e a paisaxe que ofrece, si o son.