O Fisgón, do artista moañés Manuel Varela, é un mariñeiro cun fisgón (arte de pesca típica da zona). Trátase dunha escultura realizada en pedra e bronce, con catro metros de altura e casa 15 toneladas de peso. O Fisgón érguese no extremo do muelle de Moaña. A obra remite tamén á figura mitolóxica de Neptuno, deus dos mares.