Cruceiro do Hío

O cruceiro do Hío é obra do gran Maestro Cerviño, un dos máis visitados de Galicia. Está acompañado de esculturas pequenas, rematando nunha cruz con dúas escaleiras. Gran parte do cruceiro está traballado sobre un único bloque de granito.

Está considerado un dos cruceiros máis importantes de Galicia. A súa talla representa dramaticamente os momentos máis significativos da vida humana, dende a creación até a redención, de xeito simbólico. A iconografía é barroca. O propio simbolismo das figuras está discutido.

Foi esculpido en 1872 por Ignacio Cerviño. Está dividido en tres grandes bloques de pedra. O cruceiro mostra a historia da cristiandade que comeza na base, con Adán e Eva consumando o pecado orixinal. Continúa no fuste coa imaxe da Inmaculada, e finaliza na cruz coa escenificación do desencravo de Cristo.

Está situado na praza da igrexa parroquial de Santo André.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.