Como chegar

O Morrazo é unha comarca da provincia de Pontevedra. Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ao norte coa ría de Pontevedra, ao leste coa comarca de Pontevedra, ao sur coa ría de Vigo e ao oeste co océano Atlántico.

É a comarca máis pequena de Galicia (140,64 km², o 0,48% de Galicia). Tiña 82 226 habitantes no ano 2020, sendo a terceira comarca máis densamente poboada da comunidade (584,66 hab/km²).

O Morrazo é unha comarca de acceso moi sinxelo tanto por estrada como por mar, sendo varias as comunicacións. A completa rede de infraestruturas permite que a península estea ben conectada cos principais núcleos urbanos galegos. A proximidade de Bueu, Cangas e Moaña coa cidade de Vigo facilita a comunicación con calquera punto de España e do mundo a través das estacións de trens ou do aeroporto.  

Por estrada

A vía de comunicación máis importante é a estrada PO-551, que comunica a comarca coa vertente da ría de Vigo e Pontevedra. No seu percorrido pasa polos concellos de Moaña, Cangas e Bueu. Desde Vigo, pola AP-9, autoestrada do Atlántico, cruzando a Ponte de Rande e enlazando coa vía de alta capacidade do Morrazo CRG41.

Moaña atópase a 23 Km de Pontevedra, a 20 Km de Vigo e a 90 Km de Santiago de Compostela.

Cangas atópase a 29 Km de Pontevedra, a 33 Km de Vigo e a 93 Km de Santiago de Compostela.

Bueu atópase a 21 Km de Pontevedra, a 31 Km de Vigo e a 85 Km de Santiago de Compostela.

As estacións de autobuses de Vigo e de Pontevedra teñen servizos regulares a Moaña Cangas e Bueu.

ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE PONTEVEDRA

  • Enderezo: Rúa da Estación, 0, 36003 Pontevedra
  • Teléfono: 986 85 24 08
  • Páxina web: http://www.autobusespontevedra.com/es/
  • ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VIGO:
  • Enderezo: Av. de Madrid, 57, 36205 Vigo, Pontevedra
  • Teléfono: 986 37 34 11

En barco

Os visitantes poden empregar o barco para acceder a calquera dos tres municipios. É unha viaxe moi recomendada, xa que ofrece a oportunidade de ver a península do Morrazo e a gran cidade de Vigo desde o mar.

Vigo está comunicada con Moaña e Cangas diariamente.

CANGAS-VIGO

Os barcos saen cada media hora cara a Vigo e viceversa, realizando o traxecto en 20 minutos. Durante o verán tamén saen barcos para as Illas Cíes.

MOAÑA-VIGO

Os barcos saen cada hora de Moaña e viceversa, realizando o traxecto nuns 15 minutos.

BUEU- ILLAS ONS

Só nos meses de verán (desde xuño a setembro), e en Semana Santa, sae un barco que une Bueu coa Illa de Ons. O traxecto dura uns 40 minutos.

As dúas empresas que operan son:

  • Naviera Mar de Ons:
    • Enderezo: Estación Marítima s/n.
    • Teléfono: 986 225 272
    • Información: 902 454 645
    • Páxina web: www.mardeons.com
  • Naviera Nabia:
    • Enderezo: Rúa de Eduardo Vicenti 11 – 2ºA, 36930 Bueu.
    • Teléfono: 986 320 048
    • Páxina web: www.piratasdenabia.com

En avión

O aeroporto máis próximo é o de Peinador en Vigo, con acceso doado á autoestrada do Atlántico. O aeroporto conta cunha ampla oferta de voos regulares a Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Tenerife Sur e Valencia e varios voos internacionais.

Desde Moaña, Peinador está a unha distancia de 21,5 Km. Desde Cangas, a 29,5 Km e, desde Bueu, a 31,1 Km.

Ademais, a uns 80 Km. atópase o Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, cun gran número tamén de voos  nacionais e internacionais.   

PEINADOR

SANTIAGO-ROSALÍA DE CASTRO

En tren

Desde as estacións de ferrocarril de Vigo e de Pontevedra hai conexión cos autobuses que levan a Cangas e Moaña.

En Vigo, hai na actualidade dúas estacións de tren.: a do AVE  (alta velocidade ferroviaria), situada na rúa Urzáiz, e a de Guixar, na rúa Areal, ambas en pleno centro urbano.

RENFE

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.