Chouzos de Chan de Esqueiros

Dentro do espazo da Zona de Especial Conservación (ZEC) Cabo Udra da Rede Natura 2000, en Bueu, atópase un lugar que se chama Chan de Esqueiros, unha das manifestacións máis primitivas das construcións no rural.

Os chouzos de Chan de Esqueiros eran refuxios creados cos recursos litolóxicos da zona, para que os pastores puidesen pasar as noites co gando. Construídos a finais do século XIX, foron utilizados ata mediados de século XX. Están dentro de Rede Natura 2000, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), contando con protección integral como Ben do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos do Concello de Bueu da Consellería de Cultura.

Estes cortellos realizábanse aproveitando a morfoloxía das grandes rocas do lugar, a modo de vivenda, ao que se lle engadía unha parede de pedra e unha cuberta en falsa bóveda feita con grandes louxas.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.