A cheminea de Massó ten 25 metros de altura e foi construída en 1926 como parte da ampliación da fábrica de conservas Massó Hermanos. Co peche da factoría, a cheminea foi trasladada a 18 metros da fábrica. O obxectivo foi homenaxear á industria conserveira, motor económico de Bueu no século XX.
A cheminea da antiga fábrica de conservas que os Hermanos Massó tiñan en Bueu posúe una altura considerable. Isto dificultou notablemente as labores de traslado da edificación. Trátase dunha construción de 25,38 metros de altura. A base cilíndrica posúe 4,79 metros de longo. En canto ao tiro cónico, mide 20,63 metros. O diámetro da base ten unhas medidas de tres metros e o da coroación do tiro cónico é de 1,60 metros.
Bueu, 1816
Massó Hermanos foi unha empresa conserveira das máis importantes de Galicia que se instalou en Bueu no ano 1816.
Salvador Massó Palau formou parte da diáspora catalá que comezou na segunda metade do século XVIII. Desde localidades do litoral de Girona viñeron ás Rías Baixas galegas atraídos pola abundancia de sardiña nas nosas augas. Estes “fomentadores” trouxeron un novo tipo de rede, a ‘jábega’, e tamén a técnica da salgadura.
En 1883, Salvador Massó e os seus fillos deciden cambiar as técnicas de salgadura pola das conservas tipo Nantes (Francia), que foron traídas a Galicia por industriais bretóns.
Estes conserveiros franceses, por mor da escaseza de capturas de sardiña nas súas augas, aventúranse polas costas atlánticas de Portugal e Galicia para poder continuar co seu negocio. Eles eran os que coñecían o modo de conservar alimentos en envases de folla de lata. Un problema dos conserveiros franceses proporcionou a Galicia unha importante industria de moitas localidades costeiras galegas.