Batería construída no 1810 e promovido pola Xunta Provincial de Armamento e Defensa durante a guerra de Independencia para protexer a Illa de Ons dos ataques de barcos inimigos.
Do punto defensivo quedan uns muros de sillería de granito en forma de U duns 18 metros de diámetro e nos que aínda se adiviña o que deberían ser as troneiras dos canóns.
Hai outra batería construída na mesma época no lugar de Pereiró, máis ao sur, pero atópase en peor estado de conservación.