Camilo Camaño Xestido, pintor, escultor e coleccionista de arte, é o propietario de Cása Museo da Mangallona, situada en Coiro, Cangas. O artista iniciouse no debuxo con 7 anos pero a partir dos 15 comezou a dedicarse intensamente a iso. Camaño foi adquirindo predios e as ruínas do que foi a casa da Mangallona.
A vivenda pertenceu a José Fraga, un indiano que regresou tras a guerra de Cuba e volveu á súa parroquia natal. O nome da vivenda débese á súa filla, alcumada ‘A Mangallona’. Actualmente, a casa museo está formada por tres edificios que suman 2.000 metros cadrados e uns 30.000 metros cadrados de xardíns con estatuas e onde se dá esa mestura entre o galego e o indiano que sempre atraeu a Camaño.
Nestes edificios, Camilo Camaño exhibe 3.000 cadros e obras de arte e antigüidades. O autor prodigouse en técnicas diversas e desde o debuxo inicial ha cultivado a tinta, o óleo sobre madeira ou lenzo e a escultura.
‘A Mangallona‘ consta dun edificio principal coñecido como Casa da Mangallona, recuperado arquitectónicamente para vivenda do pintor e museo onde se atopan centos de obras pictóricas e escultóricas, tanto do seu propietario como doutros importantes artistas internacionais. Ao mesmo tempo existe unha importante colección de obxectos como porcelanas, cerámicas, pedrería e bastóns.
A casa ten catro niveles, cunha galería na parte oeste. A Sala Soto acolle obras de finais dos anos 60, primeira etapa do pintor con cadros costumistas e figurativos.
A segunda planta ten pintura abstracta pertencente á serie ‘Un berrido ecolóxico e loita enriba dos brancos’, outra parte postfigurativa -a serie negra afroamericana- e outra conceptual -a serie negra Berlín, inspirada na caída do Muro de Berlín. Nesta parte está o Salón de Actos da casa, onde se celebran actos literarios, concertos, etc.
O terceiro piso acolle unha colección de obras doutros autores: Delarra, Botello, Nores, Vieito, Bulleiral, Huete, Parcero, etc. e obxectos de colección. Tamén hai outra sala que acoller máis obras de Camilo Camaño, unha parte construtivista onde a liña é decisiva na composición e outra máis costumista.
No cuarto piso está un estudo, que acolle unha serie de obras de pequeno e mediano formato da serie ‘Flores’ e ‘Pórticos’ e un conxunto de obras que referencian distintas épocas creativas. Aquí está a vivenda privada do artista.