Casa da Roiba

Moi próxima á praia de Beluso, no concello de Bueu, atópase esta pequena vivenda, obra do arquitecto coruñés Ramón Vázquez Molezún, construída a finais dos anos 70 como vivenda estival. A casa da Roiba é unha das obras máis relevantes da arquitectura moderna do século XX en España. Todo un exemplo de sostenibilidade e adaptación á súa
contorna.

O refuxio é, ademais, resultado da procura dunha vivenda mínima, de reducidas dimensións e carácter pouco ostentoso. Unha vivenda cómoda na que hai espazos vinculados ao habitar que o autor considera esenciais. Malia estar construída no ano 1969, dentro dun marco conflitivo e cheo de cambios na arquitectura española, esta casa posúe o indubidable interese de ser unha obra para o propio autor do proxecto.

O refuxio da Roiba utiliza como basamento de apoio os muros de pedra da antiga fábrica, que se aproveitan para albergar, ao nivel da praia, un espazo de almacén de embarcacións e taller inundable nas mareas vivas. A entrada principal atópase, con todo, ligada ao camiño posterior e prodúcese nunha cota máis elevada.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.