Capela dos Santos Reis

A capela dos Santos Reis orixinal data do ano 1686 e é un dos dous únicos templos da cristiandade dedicados aos Reis Magos, xunto coa Catedral de Colonia (Alemaña).

En 1948, o Concello de Bueu acordou construír unha nova capela, e encargou ao pintor Urbano Lugrís o deseño e a Victoriano Barcala, a construción. O seu enclave actual non é exactamente o mesmo que tiña antigamente. No Museo Massó consérvanse os bocexos orixinais do deseño. Lugrís definiu este santuario como a súa grande obra e deseñou tamén o retablo do seu interior.

O novo templo foi inaugurado o 4 de outubro de 1953. Porén, na década de 1970 comezou a derrubarse o tellado e desapareceron algunhas das figuras ornamentais e mesmo un retablo de tres corpos, tallado polos irmáns Ribas de Santiago, con tres cadros e deseño de Lugrís.

No seu interior destaca unha talla de madeira que representaba aos tres Reis Magos, un retábulo de madeira de tres carpas que contiña cinco cadros de Urbano Lugrís, un grande na carpa central e dous dispostos verticalmente en cada unha das carpas laterais.

A capela dos Santos Reis é unha pequena capela de planta cuadrangular e tellado a catro augas. Na fachada principal, un arco de media punta sobresae a modo de pórtico coroado por un crismón cunha cruz aspada no centro. Este arco está decorado con motivos mariñeiros, destacando a cuncha de vieira na clave e, a cada lado dela, completan a decoración:un barco de vela, unha áncora de esilo almirantazgo, un peixe, unha gaivota, unha rosa dos ventos e unha balea. A ambos os dous lados da entrada, dous altares acollen as figuras pétreas da Virxe e de San José.

Para Lugrís, a capela en se mesma representa o altar, e o recinto ou igrexa é o contorno, a natureza, o val de Bueu ao fondo e as impresionantes vistas sobre a ría. A capela só abre o día 6 de xaneiro -día de Reis- e o día da Ascensión.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.