Calzada romana de Meiro

A zona de Meiro, en Bueu, é rica en xacementos arqueolóxicos como demostran as pegadas romanas funerarias atopadas na zona. Ademais, a toponimia do lugar denota a antiga existencia de poboados da cultura castrexa e, posteriormente, dos romanos.

Atopámonos ante os restos reconstruídos dun traxecto dunha antiga vía romana que discorría polo Morrazo en dirección a Pontevedra, pertencente á vereda real que unía Cangas con Pontevedra. Esta á súa vez sería un ramal do famoso Per Loca Marítima que unía toda a costa galega. É visible un traxecto duns 100 metros que os veciños nos últimos séculos irían reconstruíndo para o seu uso propio, para poder transportar gran e alimentos, por exemplo, desde os veciños muíños de Meiro.

No lugar localizábase o cruceiro de Menla, que hoxe se atopa desaparecido. Un peto de San Antoniño nas proximidades dan conta da existencia dunha importante vía de comunicación na antigüidade que comunicaba estes lugares.

Actualmente ten tres tramos diferenciados rehabilitados. O primeiro comprende desde A Casela ata a zona de San
Antoniño (280 metros). O segundo é un camiño que se atopa nesta zona (340 metros) e o terceiro une San Antoniño coa parte interior da Graña (370 metros). A calzada está catalogada dentro do inventario da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Características

  • Itinerario (M.I.D.E): 3
  • Desprazamento (M.I.D.E): 3
  • Esforzo (M.I.D.E): 3
  • Medio (M.I.D.E): 3
  • Organismo responsable: Concello de Bueu
  • Tipoloxía do Percorrido: Lineal
  • Interese Paisaxística: Moderado
  • Dificultade: Media-baixa
  • Estado da sinalización: Regular. Precisa rehabilitación
  • Sombra: Si
  • Acceso a pé, en bicicleta, a cabalo, en motocicleta, con vehículo propio
  • Tipoloxía da ruta: Cultural
  • Estado de Conservación: Regular. Precisa rehabilitación
  • Duración (minutos): 15 minutos
  • Lonxitude: 5,34km
Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.