Cabo Udra

O Cabo Udra é un espazo natural localizado no extremo sur da ría de Pontevedra. Comparte a entrada coa ría de Aldán e atópase fronte á Illa de Ons. Polos seus valores naturais, foi declarado Zona Especial de Conservación e forma parte da Rede Natura 2000, contando cunha Aula da Natureza.

Desde este cabo podemos observar unha paisaxe costeira de penedos, acantilados e matos. Ten relevancia tamén polo seu hábitat submarino. No alto, Cabo Udra conserva restos dun castro. Nos arredores existen recomendables praias e calas.

Aula da Natureza

O proxecto da Aula da Natureza de Cabo Udra foi galardoado con Bandeira Azul polo seu labor educativo sobre sistemas litorais e desenvolvemento sustentable destacando o valor biolóxico de Cabo Udra.

Esta aula pretende redescubrir os recursos naturais e culturais, mariños e terrestres do cabo. Con este fin, tómanse mostras e realízanse actividades culturais. Ademais, a aula é un exemplo de utilización de enerxías limpas e renovables. O propio centro aliméntase dun aeroxerador mediante paneis térmicos e fotovoltaicos.

Proxecto participado por

Síguenos

Contacta

© Mancomunidade do Morrazo. Todos os dereitos reservados.