En Cabo Udra, Bueu, podemos atopar os restos dun cuartel e de baterías militares pertencentes á década dos anos 30 do século pasado. Son as Baterías J2 de Cabo Udra, situadas ao redor da Aula da Natureza do lugar. Estas instalacións pertencían a un sistema defensivo do réxime da ditadura de Francisco Franco destinado a defender a costa ante ataques dos países aliados durante a Guerra Civil e, despois, da II Guerra Mundial.
Con ese obxectivo foron foron construídas varias baterías formadas por canóns Munaiz Argüelles situadas en O Grove (J1), Cabo Silleiro (J4), Monteferro (J3), A Guía (J6) e Cabo Udra (J2). Ademais, existía outro posto en Punta Faxilda e uns proxectores de luz en Cabo Home. Estas baterías de Cabo Udra vixiaban a entrada da ría de Pontevedra, xunto coas situadas no Grove.
En Cabo Udra pode verse, principalmente, o edificio de telemetría dunha única planta, ademais dunha garita, un depósito de auga, un almacén e varias dependencias destinadas a diferentes usos por parte da tropa. Un dos barracóns habilitouse para uso dunha Aula da Natureza.
A batería militar atópase en mal estado, totalmente tapada pola maleza e mal conservada por dentro.