Trátase dunha construción típica feiral de planta rectangular. Está formado por 19 piares. Ademais, ten dous muros laterais de perpiaño. Na fachada posterior dispón dun muro de contención de terras realizado en cachotaría.
Todos estes elementos sustentan as “lousas” de pedra que conforman a cuberta. Pegado ao muro posterior, sitúase un banco corrido para asento da xente e tamén para instalar todo tipo de mercadorías e produtos que se venden en feiras, festas e romarías.
O alpendre levántase xunto ao templo parroquial delimitando o adro na súa parte sur que, á súa vez, correspóndese coa zona máis elevada.