O Morrazo é un paraíso que descansa entre as rías de Vigo e Pontevedra. Unha fermosa lingua atlántica en plenas rías Baixas cunha costa salvaxe e infinitas praias que a fan única no mundo.
Un destino turístico atractivo e moderno, que parte dun modelo sostible e de calidade baseado nos recursos naturais, culturais e tradicionais como principais elementos identitarios.
#morrazoterapia
O Morrazo é un paraíso que descansa entre as rías de Vigo e Pontevedra. Unha fermosa lingua atlántica en plenas rías Baixas cunha costa salvaxe e infinitas praias que a fan única no mundo. Un destino turístico atractivo e moderno, que parte dun modelo sostible e de calidade baseado nos recursos naturais, culturais e tradicionais como principais elementos identitarios.
Lugares que non te podes perder
Se por algo destaca O Morrazo é pola súa beleza paisaxística. Esta comarca converteuse nun dos sitios preferidos polo visitante que busca gozar duns días de descanso rodeado de praias de postal, de fermosas rías e ríos, de rutas de sendeirismo incribles, de illas paradisíacas, de bosques máxicos de vexetación autóctona e dunhas vistas extraordinarias das rías Baixas.
O Morrazo é sinónimo de cultura e historia. Cada vila, cada rúa e cada recuncho ofrece algo único. Visitar O Morrazo é coñecer o seu pasado a través de petróglifos, castros e mámoas. Adentrarse na súa historia visitando igrexas, esculturas e cruceiros de incalculable valor. Visitar O Morrazo é coñecer as súas tradicións, mergullarse de cheo na súahistoria e descubrir a identidade cultural desta comarca sen parangón.
A cultura popular é testemuño da nosa identidade, das tradicións, medos e festividades que perduraron durante séculos, que viven na nosa memoria e evolucionaron ao mesmo tempo ca nós. Historias fantasmagóricas de procesións de almas en pena que facían tremer de medo a calquera que as escoitase, mulleres acusadas de practicar a maxia, cultos e meigallos que manifestan o noso espírito más supersticioso, animais míticos que aterrorizaban os cruces de camiños e fermosas mulleres que se aparecían á noite e cambiaban de forma durante o día…